Skip to content

Sección IX – Modificadores vs. complementos

andrea.cascallar edited this page Jul 11, 2018 · 1 revision

Como se mostra na [Táboa 1] (Sección III – Primeiros pasos), hai varios tipos diferentes de frase en SimpleNLG-gl: frases nominais (representadas pola clase NPPhraseSpec), cláusulas ou oracións completas (representadas por SPhraseSpec), frases preposicionais (representadas por la clase PPPhraseSpec), frases adxectivas e frases adverbiais. Estas dúas últimas son xeradas como modificadores (cando modifican unha palabra/frase específica) e complementos (cando están situadas despois do verbo).

SimpleNLG-gl distingue entre tres tipos de modificadores: frontais (que van ao principio dunha frase), pre-modificadores (que van inmediatamente antes do substantivo principal ou verbo dunha frase) e post-modificadores (que van ao final dunha frase). A posición de un modificado pode ser especificada directamente usando addFrontModifier(), addPremodifier() ou addPostmodifier(). Se se utiliza o addModifier() máis xeral, SimpleNLG-gl decidirá onde colocar o modificador.

Os modificadores pre e post poden utilizarse en todo tipo de frases. Os modificadores frontais solo se poden utilizar en SPhraseSpec.